Comunicación a empresas programa de anticipos de las prestaciones derivadas de ertes autorizados

Estimadas empresas.
A Xunta de Galicia pon en marcha, un novo programa para que as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación de emprego (ERTE), poidan solicitar un anticipo da prestación económica pendente de abonar polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), por importe máximo de 750 euros ao mes e ata dúas mensualidades.
Para que os traballadores poidan acollerse a esta iniciativa precisaríamos da vosa colaboración aos efectos de facilitarnos unha serie de datos do Formulario de solicitude colectiva enviado ao SEPE, que resultan básicos para a nosa tramitación previa das operacións de anticipo. Para facilitar esa tarefa, estará habilitado un sinxelo formulario na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal procedemento TR820X, a través do que comunicarnos os datos das persoas da vosa empresa que queren solicitar o anticipo.
Os requisitos para realizar a comunicación son os seguintes:
1. Que o ERTE fose autorizado e comunicado pola autoridade laboral e a solicitude colectiva de prestación fose remitida ao SEPE.
2. Que a persoa traballadora non teña percibido a súa prestación económica e teña a dita prestación domiciliada nunha conta bancaria pertencente a unha entidade financeira adscrita ao programa.
3. Que os datos comunicados (identificación da persoa, conta bancaria, % xornada e base reguladora diaria) sexan os mesmos que os remitidos ao SEPE.
Na comunicación, deberá especificarse a data de inicio do ERTE e a data fin do anticipo, tendo en conta que a data de solicitude será a data máxima de referencia para realizar o cálculo dos días que corresponden de anticipo.
Cada empresa poderá empregar o formulario as veces que sexan necesarias para comunicar, se é o caso, novas persoas traballadoras.
Poñemos á vosa disposición o teléfono 900 815 600 para aclarar calquera dúbida ou cuestión en relación a este programa, así como as instrucións e guías que publicaremos na Sede Electrónica e nas páxinas webs da Consellería de Economía, Emprego e Industria (https://ceei.xunta.gal/coronavirus) e de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).
As entidades financeiras adscritas ao programa, poderán ser consultadas nas ditas páxinas web.
Desde a Xunta de Galicia queremos agradecervos moi sinceramente a vosa colaboración para que as persoas traballadoras da vosa empresa poidan beneficiarse desta iniciativa.
Grazas e saúdos
Orden publicada hoy en el DOG nº80 en la que se regula el procedimiento y se aprueba el modelo de comunicación de los anticipos regulados en el Convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia y diversas entidades financieras.

AnuncioG0424-240420-0001_gl