Domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020

ORDE do 4 de outubro de 2019 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020.
A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (DOG do 28 de decembro), modificada pola Lei 1/2013, do 13 de febreiro (DOG do 14 de febreiro) determina no artigo 5 que os domingos e días festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano.
O artigo 6 do mesmo texto legal sinala que os domingos e festivos de apertura serán determinados para cada período anual mediante orde da consellería que posúa as competencias en materia de comercio, que se publicará no Diario Oficial de Galicia antes do 15 de outubro do ano anterior ao da súa aplicación, logo da consulta ás asociacións de consumidores máis representativas con implantación en toda a comunidade, ao Consello Galego de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e ás demais organizacións empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas de Galicia.
Con independencia do establecido no parágrafo anterior e co obxectivo de protexer os intereses comerciais nos diferentes concellos, así que fosen publicadas no Diario Oficial de Galicia as datas ás que fai referencia este artigo, calquera concello poderá solicitar da consellería competente en materia de comercio a modificación de dúas datas para o seu termo municipal. Esta solicitude deberá ser motivada e realizarse antes do 15 de novembro, e terá que presentarse acompañada dos informes emitidos pola cámara de comercio, industria e navegación da zona e polas organizacións empresariais e sindicais do sector comercial máis representativas. A consellería resolverá no prazo de quince (15) días, contados desde a presentación da solicitude. De transcorrer o devandito prazo sen resolución expresa, considerarase estimada a petición. Con anterioridade ao 15 de decembro serán publicados no Diario Oficial de Galicia os cambios que se aprobasen.
VER PUBLICACIÓN EN EL BOLETIN