Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020 (código de procedemento TR302A).
A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional e así favorecer a creación de emprego estable e de calidade.
Esta lei ten como obxectivos a garantía do exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras, ocupadas e desempregadas, en particular, dos máis vulnerables; a contribución efectiva da formación á competitividade das empresas; o fortalecemento da negociación colectiva na adecuación da oferta formativa aos requirimentos do sistema produtivo, así como a eficiencia e transparencia na xestión dos recursos públicos.
Ver publicacion en el Boletín